Wednesday 01 de May de 2024

O Concello instalará unha cuberta textil sobre a zona de xogos do parque das Abesadas


O Concello de Ribeira adxudicou as obras para a instalación dunha cuberta téxtil no parque infantil das Abesadas, por un importe de 94.154,67euros e un prazo de execución de 2 meses. O investimento foi incluído no “Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2023

A zona infantil situada no parque de Abesadas é unha das máis concorridas do municipio ao atoparse no centro urbano; para que poida empregarse con independencia das inclemencias meteorolóxicas, proxéctase a instalación dunha cuberta sobre a zona de xogos existente. A cuberta será de lona de poliéster cunha estrutura de soporte metálica protexida contra a oxidación. Tamén se procederá á instalación de luminarias LED.
“A instalación desta cuberta mellorará a experiencia de xogo ao aire libre para os nenos e as súas familias, proporcionando un ambiente seguro, cómodo e protexido do sol e a chuvia.” explica o alcalde Luís Pérez. “A mellora dos parques infantís é un aspecto crucial para o benestar dos nenos e nenas, creando un ambiente máis cómodo e agradábel para que gozen das actividades ao aire libre durante máis tempo.”